Referentes LGBT en España

Para coñecer aos referentes da comunidade LGBT a nivel internacional, preme aquí

Desde a primeira manifestación do Orgullo Gay na capital catalana, Barcelona, en 1977 ata a celebración de Orgullo LGBT mundial en Madrid no ano 2017, España aumentou a visibilidade das persoas do colectivo LGBT na vida pública, así como nos medios de comunicación. Así o noso país converteuse nun referente de apoio ao colectivo coa aprobación no ano 2005 do matrimonio homosexual, considerándose un dos países máis seguros do mundo e tolerantes a nivel global. A continuación, mencionamos algúns dos referentes españoles máis importantes:

Lesbianas

Elisa e Marcela foron unhas das primeiras referentes españolas no que se refire ao matrimonio homosexual entre mulleres. A continuación coñecemos un pouco máis da súa historia:

  • Elisa e Marcela

O 8 de xuño do ano 1901 dúas mulleres que exercían de mestras, Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga, casaron na cidade galega de A Coruña, cando o matrimonio homosexual era penado. Para poder lograr o enlace, Elisa adoptou unha imaxe masculina baixo o nome de Mario Sánchez, trantándose desta forma do primeiro matrimonio homosexual. Fixérono pola Igrexa católica, na parroquia de San Jorge da mesma cidade. Posteriormente o párroco descubriu o engano, e foron denunciadas e perseguidas. O matrimonio foi nulo segundo a Igrexa.

A súa unión matrimonial realizouse máis de cen anos antes de que a lei permitise aos homosexuais españois contraer matrimonio, co que este feito pode considerarse un precedente do matrimonio homosexual en España. A noticia da súa voda foi difundida por toda España e por varios países europeos.

Fonte: La Voz de Galicia

A día de hoxe numerosas mulleres de todos os ámbitos dan visibilidade a este colectivo. No mundo da política destacan nomes como o de Purificación Causapié, portavoz municipal polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE) no Concello de Madrid e exsecretaria de igualdade do partido; Ángeles Álvarez, tamén do PSOE e primeira diputada e parlamentaria en declararse abertarmente homosexual no noso país; ou Beatriz Gimeno, actual corresponsal da área de Igualdade de Unidas Podemos na Comunidade de Madrid, foi a presidenta da FELGTB (Ferederación Española de Lesbianas, Gays, Transexuales e Bisexuales) entre 2003 e 2007, período no que se legalizou o matrimonio entre persoas do mesmo sexo en España.

No mundo do xornalismo unha das caras máis recoñecidas do país é a catalana Sandra Barneda, quen traballou nun amplo número de medios (a maioría televisivos). Tamén destaca María Casado xornalista e presentadora da televisión española que dende 2018 é a presidenta da Academia das Ciencias e das Artes de Televisión.

Sandra Barneda e María Casado

Me han encerrado en un despacho y con autoridad moral me han preguntado «¿a ti te gustan las chicas?»

Sandra barneda

No que se refire á séptima arte, podemos destacar diversas actrices e directoras de cinema. Poderíamos dicir nomes como o de Elena Anaya, ganadora de un Goya por La piel que habito de Pedro Almodóvar; Anabel Alonso, un dos rostros máis coñecidos da televisión no noso país; ou Arantxa Echevarría, que converteuse o pasado ano na primeira directora de cinema español seleccionada na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes pola súa ópera prima Carmen y Lola.

Por último, no ámbito do deporte podemos falar de Laura del Río unha futbolista de primeira categoría que xoga no Madrid CFF e que formou parte da Selección Española. Así mesmo, destaca Amaya Valdemoro, considerada a mellor xogadora española de fútbol da historia.

Amaya Valdemoro. Fonte: Espectallium

Gays

A pesar de estar igualmente reprimidos, o número de homes declarados homosexuais continúa a ser moito maior co de mulleres, debido aos roles patriarcais da nosa sociedade. Destacan algúns personaxes de importancia histórica como, por exemplo, Federico García Lorca

  • Federico García Lorca

Federico García Lorca (5 de xuño de 1898 – 1936) foi un poeta e dramaturgo español pertencente á chamada Xeración do 27. O coñecido como «poeta mártir», pasou á historia como un aclamado símbolo de resistencia despois de morrer fusilado durante a Guerra Civil española.

Na actualidade Federico García Lorca é o poeta español máis lido de todos os tempos e o 11 de novembro de 2008 a Biblioteca do Instituto Cervantes de Tokio é inaugurada co nome de Federico García Lorca.

«La aurora nos unió sobre la cama,

las bocas puestas sobre el chorro helado

de una sangre sin fin que se derrama.

Y el sol entró por el balcón cerrado

y el coral de la vida abrió

su rama sobre mi corazón amortajado.«

Sonetos del amor oscuro de Federico García Lorca

No ámbito da política destaca o actual ministro do Interior español Fernando Grande-Marlaska ou Jerónimo Saavedra quen foi presidente do goberno de Canarias de 1983 a 1987 e de 1991 a 1993, así como ministro de Administracións Públicas (1993-1995) e ministro de Educación e Ciencia (1995-1996) de España. Entre 2007 e 2011, mercé á súa vitoria nos comicios municipais por maioría absoluta, foi alcalde de Las Palmas de Gran Canaria.

No ámbito do cinema podemos destacar a figura do director de cinema Pedro Almodóvar. Este director recibiu algúns dos galardóns principais do eido do cinema internacional, entre eles dous premios Oscar e varios Goya. Ademais en 2017 foi o presidente do xurado do Festival de Cannes. Sobre o tratamento da súa orientación sexual por parte dos medios de comunicación declarou o seguinte para o xornal La Razón: «Cuando mis películas salieron por primera vez de España, y especialmente cuando llegaron a Estados Unidos, ahí fue cuando empezaron a llamármelo. Nunca he ocultado el hecho de que sea gay, pero me resultaba extraño porque en España nunca me han etiquetado como ‘el cineasta gay, Pedro Almodóvar’, esa fue la primera vez que me pasó. Fue una sensación parecida a que me juzgaran moralmente»

Entre as novas xeracións, uns dos rostros máis destacables son os dos Javis (Javier Calvo e Javier Ambrossi), un fenómeno que arrasa no cinema español e nas redes sociais. Aínda que as súas carreiras como actores comezaron por separado foi cando os seus camiños cruzáronse –son parella desde 2010- cando empezou a maxia de verdade e os premios comezaron a acumularse nos seus andeis. Calvo saltou á fama co papel de Fer en Física o química, mentres que Ambrossi debutou na película El Triunfo. O seu traballo máis coñecido é La llamada, unha obra de teatro escrita por eles mesmo que rematou por convertirse en película, así como a serie de Netflix Paquita Salas.

Bisexuais

O colectivo bisexual é un dos máis invisibilizados na nosa sociedade e non hai constancia de referentes históricos bisexuais. Se ben, na actualidade destacan actores como Paco León quen declarou «cuando conocí a mi mujer, yo tenía novio» ou a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau.

Tamén destaca a influencer Aida Domenech, máis coñecido como Dulceida, que acumula millóns de seguidores nas redes. A influencer, subiu un vídeo ao seu canal de Youtube sobre a súa orientación sexual que non tardou en facerse viral:

Aínda que España é un dos países máis avanzados do mundo en materia LGTB, aínda queda moito camiño por percorrer para que a situación estea completamente normalizada

Transexuais

  • La Veneno

Cristina Ortiz Rodríguez (Adra, Almería, 19 de marzo de 1964-Madrid, 9 de novembro de 2016), coñecida polo seu nome artístico, La Veneno, foi unha vedette transgénero, cantante e colaboradora de televisión española, coñecida por intervir nos programas televisivos de entretemento nocturno Esta noite cruzamos o Mississippi e O sorriso do pelícano, emitidos en España entre 1996 e 1997. En noviembre del año 2016, fue hallada muerta en su domicilio de Madrid.

Despois de fuxir da súa familia -e do seu pobo- e traballar de modelo e camareira en Torremolinos, Cristina instalouse en Madrid e iniciou a súa transición a comezos dos noventa. Poucos meses despois comezar a hormonarse empezou prostituírse no Parque do Oeste. La Veneno foi das primeiras caras visibles da realidade das prostitutas trans, mostrando un mundo que ata entón permanecera oculto, na sombra. “Non é unha activista senón unha persoa que deixou pegada e calou fondo. Á súa maneira, abriu unha xanela de visibilidade para o colectivo trans”, declarou a súa amiga Topacio Fresh.

La Veneno fue mucho, pero sobre todo, un icono y una de las primeras mujeres en visibilizar la realidad del colectivo transexual. 

Fonte El Español

Otro nombre destacado es el de Carla Antonelli, nombre artístico de Carla Delgado Gómez, una actriz, política y reconocida activista transexual. Desde el año 2011, es diputada de la Asamblea de Madrid por el PSOE, siendo la única mujer transexual en España que ha accedido a dicho cargo. Además, actualmente es Presidenta de la Comisión de Radio Televisión Madrid y Portavoz Adjunta de la Comisión de Políticas Sociales, Familias, Igualdad y Natalidad, responsable de familias, menores y temas LGTBI.

«Si a los 17 me dices que iba a llega a los 60, te hubiera llamado loca. Nunca pensé que superaría los 45, por la vida a la que pensábamos que estábamos predestinadas las personas trans. «

CARLA ANTONELLI

Así mismo destaca Ángela Ponce, unha modelo española, coñecida por ser a primeira muller transgénero en converterse en Miss Universo España,​ e competir en Miss Universo en 2018. Tamén está a acadar popularidade Abril Zamora , cunha longa traxectoria en cinema, televisión e teatro que gañou popularidade ao interpretar a Luna na serie de televisión Cara a cara (FOX España), dando visibilidade á realidade LGBTIQ a través da ficción.

3 comentarios sobre “Referentes LGBT en España

  1. Referentes LGTB+en España
    Patoloxización e penalización: as pedras no camiño
    Non entendo. Aquí hai dúas entradas que sinceramente non sei si é o traballo completo ou cada membro do equipo vai autónomamente. Pídovos un pouco de organización, de xestión e de control sobre os contidos.
    E, por suposto, non entendo cal é a función e significado dun listado de persoas…

    Me gusta

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar