Referentes LGBT na esfera internacional

Para coñecer aos referentes da comunidade LGBT a nivel nacional, preme aquí

Ao longo da historia moitas persoas notorias LGBT denunciaron publicamente a persecución á que se vían sometidos os pertencentes a este colectivo. Na seguinte entrada recollemos as fazañas de quenes loitaron por visibilizar a súa loita e na actualidade son uns referentes a nivel internacional.

Marita Navrátilova: a homosexualidade condicionada polo entorno

Martina Navrátilová é unha tenista checolovaca e posteriormente nacionalizada estadounidense. Naceu en 1956 e descubriu que era homosexual durante a súa adolescencia, algo que naquel momento todavía estaba moi estigmatizado. De feito, nin tan sequera contou co apoio dos seus proxenitores -o seu padrastro chegou a dicir que a súa condición de lesbiana era unha enfermidade e que preferiría que Navrátilová exercese a prostitución antes de declararse homosexual-. Ademais, Checoslovaquia era un país especialmente duro con aqueles que decidían saír do armario (segundo a propia Martina, a maioría eran homes, as mulleres nin tan sequera se atrevían). Na maior parte das ocasións, eran levados a asilos para enfermos mentais. Polo tanto, Navrátilová tería que esperar ata o ano 1981 para revelar publicamente a súa orientación sexual. Para esa época, xa xogaba ao tenis profesionalmente e mudárase aos Estados Unidos, país que a acolleu e a nacionalizou e onde puido reivindicar a igualdade para o colectivo LGBT. Non sen trabas: arriscouse a perder contratos de publicidade millonarios e moitas compañeiras de profesión arremeteron contra ela. Non obstante, nunca deixou de loitar polo seu obxectivo, e converteuse na cara visible de manifestacións e iniciativas LGBT.

Resultado de imagen de martina navratilova
Fonte: Punto de Break

Frank Ocean e a homosexualidade no rap

Frank Ocean (EEUU, 1987) é un cantante e compositor que se dedica principalmente ao estilo do hip hop. O seu é un caso representativo precisamente por estar considerado un dos mellores artistas dentro dese xénero, que non se caracteriza por ser LGBT friendly. Coma Navrátilová, Ocean sufriu escarnios e insultos por parte de compañeiros de profesión: dende Stevie Wonder ata Lil Wayne criticaron a súa homosexualidade. Non obstante, dende o seu anuncio en 2012, o mundo do hip hop baixou significativamente os seus niveis de homofobia: o feito de que un home novo e exitoso na industria se atrevese a dar ese paso creou un precedente.

Resultado de imagen de frank ocean
Fonte: Consequence of Sound

Bisexuais

Miley Cyrus

Miley Cyrus (EEUU, 1992) foi durante moitos anos a gran aposta de Disney e un referente para millóns de adolescentes. A finais da década dos 2000 «rebelouse» contra a industria que a viu crecer e iniciou unha nova etapa de madurez. Dende fai anos declárase abertamente bisexual e móstrase en público con homes e mulleres indistintamente. Mostrar a súa orientación sexual fíxoa converterse nun gran icono para a comunidade LGBT e gañar incluso máis seguidores. Constantemente manifesta o seu apoio ás reivindicacións do colectivo e serve como inspiración para moita xente nova que decide saír do armario.

Resultado de imagen de miley cyrus
Fonte: InStyle

Angelina Jolie

Angelina Jolie (EEUU, 1975) é unha actriz recoñecida mundialmente. Entre o seu palmarés figuran 2 premios Óscar e 3 Globos de Ouro. Jolie revelou publicamente a súa bisexualidade a comezos da década dos 2000 coa súa confesión de ter mantido unha relación coa tamén estrela Jenny Shimizu. A naturalidade coa que trataba o tema contrastaba coa falta de información que reinaba na sociedade daquela. Na actualidade, a actriz é unha activista a favor do movemento LGBT (unha das súas causas máis destacadas foi a loita pola aprobación do matrimonio gay en California, para a a cal donou cartos xunto ao seu exmarido Brad Pitt). Ademais, un dos seus fillos, nacido como unha muller, está levando a cabo un proceso de reasignación de sexo, contando co total apoio de súa nai.

Angelina co seu fillo. Fonte: El Closet LGTB

Lady Gaga

Lady Gaga (EEUU, 1986) é unha cantante e actriz. Fixo pública a súa bisexualidade no ano 2010, tras a saída ao mercado da canción Poker Face, un éxito mundial que a catapultou á fama mundial. Xa previamente era coñecida, pero Poker Face supuxo un antes e un despois na súa carreira, polo que nunha entrevista concedida a Bárbara Walters decidiu saír do armario e desvelar de que trataba a canción -precisamente da bisexualidade-. Dende entón aproveita calquer ocasión para alzar a voz a favor dos dereitos da comunidade LGBT.

Resultado de imagen de LADY GAGA
Fonte: Fox News

Kim Petras, icona transexual

Resultado de imagen de kim petras
Fonte: The Fader

Kim Petras (Alemaña, 1992) é unha cantante e compositora. Naceu como un varón, co nome de Tim Petras. Xa dende os dous anos insistía en que era unha nena. O seu proceso de cambio de xénero comezou de moi nova. Con 13 anos xa se converteu nun referente, aparecendo nun programa de televisión alemán para describir o tratamento médico ao que fora sometida. Posteriormente volvería a aparecer nos medios para dar entrevistas e facer un documental. A fama mundial chegaríalle en 2017, tras lanzar o seu primeiro sinxelo, que resultou todo un éxito. Dende entón aproveita a súa popularidade para reivindicar os dereitos LGBT.

Kim Petras falando do seu proceso de reasignación de sexo

Un comentario en “Referentes LGBT na esfera internacional

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar