É a cultura inclusiva? A comunidade LGBT no cine e na televisión

Se a cultura debe ser un espello da sociedade, os produtos culturais da época contemporánea deberían amosar a gran diversidade que hai hoxe en día. Pero sucede así? Analizamos a inclusión da comunidade LGBT tanto no cine coma na televisión, ambas pezas fundamentais da cultura actual.

O colectivo LGBT no cine: máis de cen anos de historia

A curtametraxe Algie, the Miner (1912) e a mediametraxe Diferentes a los demás (1919) son algúns dos precursores da representación LGBT no cine, ambas centradas na homosexualidade masculina. En ambas producións xa observamos o tópico do personaxe gay afeminado. Este estereotipo derivou noutra variante, a do mellor amigo gay, presente en películas como Fuera de onda (1995), La boda de mi mejor amigo (1997) e Chicas malas (2004). Paralelamente desenvólvese tamén o tópico da lesbiana masculinizada, que aparece dende películas como Muchachas de uniforme (1931), considerada a primeira película abertamente lésbica.

Considerada como unha película de culto, o musical The Rocky Horror Picture Show traslada ao espectador á mansión do doutor Frank-N-Furter, travesti e bisexual. Con escasa visibilidade no cine, a bisexualidade tende a estar representada por personaxes promiscuos, como é o caso de Frank-N-Furter. A tamén película musical Cabaret (1972) reproduce este estereotipo nun dos protagonistas, o escritor Cliff Bradshaw.

Ao longo da historia do cine tamén encontramos varias personaxes transexuais, en especial, personaxes femininos: Todo sobre mi madre (1999), Dallar Buyers Club (2013) e La chica danesa (2015), en tódolos casos interpretados por homes cisxénero. Porén, xa comezan a aparecer longametraxes protagonizadas por mulleres transexuais, como é o caso de Una mujer fantástica (2017), gañadora do Óscar de 2018 á mellor película estranxeira.

Nos escasos exemplos de representación da transexualidad masculina, atopamos casos como o de Los chicos no lloran, no que a actriz cisxénero Hilary Swank dá vida ao protagonista, Brandon Teena. En ocasións contadas, como en La ley del deseo (1987), unha muller cisxénero interpreta a unha muller trans.

Brokeback Mountain (2005) é un dos exemplos máis paradigmáticos da inclusión ao colectivo na gran pantalla dos últimos anos. O arco argumental da cinta xira arredor do conflito interno que vive un dos protagonistas respecto á súa homosexualidad. Moonlight (2016), gañadora do premio á mellor película nos Óscar de 2017, tamén fala da aceptación da sexualidade, pero dende outra óptica menos estereotipada (Crimental, 2018).

Canto á representación lésbica, unha das grandes referentes do século XX é Silkwood (1983), onde Cher, coñecida polo seu activismo no que respecta á comunidade LGBT, interpreta á mellor amiga da protagonista, unha muller lesbiana (Martínez Mantilla, 2018). Algúns exemplos máis recentes son Los chicos están bien (2010), Carol (2015) ou La vida de Adèle (2013). Esta última longametraxe, porén, foi moi criticada, incluso pola autora da novela gráfica na que se basea (El azul es un color cálido), pois presenta unha visión sexualizada das relacións homosexuais entre mulleres.

É significativo que Con amor, Simon (2018) sexa a primera película de gran difusión protagonizada por un adolescente gay. Porén, a inclusión de personaxes LGBT  e cada vez maior. Así o reflicto o Studio Responsability Index de GLAAD (Alianza de Gays y Lesbianas contra la Difamación): un informe anual que recolle a representación queer no cine tomando como referencia ás sete productores máis importantes de Estados Unidos. Na seguinte infografía recollemos últimos datos publicados, os referentes ao 2018, pero tamén a evolución da inclusión da comunidade LGBT no cine nos últimos cinco anos.

Para ver a infografía online, entra en: https://infogram.com/inclusion-lgbt-1h7g6kg7ydo04oy?live

As series que marcaron (e marcan) ao colectivo LGBT

Ata os anos 90, a presencia dos personaxes LGBT na televisión era secundaria e anecdótica. A homosexualidade de Steven Carrington en Dinastía (1981-1989) ou a transexualidade do personaxe episódico de Las chicas de oro (1985-1992) Gil Kessler son os escasos exemplos previos a última década do século XX. Os anos 90 foron cruciais para o colectivo, pois as comedias Ellen (1994-1998) e Will & Grace (1998-Presente) foron as primeiras series con protagonistas homosexuais.

Durante os primeiros anos da década dos 2000 emitiuse a considerada por moitos a serie gay por excelencia, Queer as Folk (2000-2005), que falaba abertamente de homofobia, plumofobia do estigma do VIH, etc. Catro anos despois chegaba á pequena pantalla The L Word (2004-2009), o equivalente lésbico de Queer as Folk, que tamén tivo un importante impacto na comunidade LGBT.

Para entender a representación do colectivo na televisión nos últimos quince anos debemos considerar dúas figuras creativas fundamentais: Shonda Rhimes e Ryan Murphy. Rhimes fixo unha importante labor de visibilización do colectivo negro dentro da comunidade LGBT. É creadora de Cómo defender a un asesino (2014-2020), na que Viola Davis intepreta a unha importante avogada bisexual. Entre as series de Murphy destacan Glee (2009-2015) e Pose (2018-Presente), unha ficción cun amplo elenco de actrices transexuais centrada na subcultura queer do ball.

Outros exemplos salientables son Transparent (2014-2019), que abriu o debate sobre diferentes cuestións relacionadas co xénero; Please Like Me (2013-2016), que visibilizou as enfermidades mentais dentro do colectivo, e Unbreakable Kimmy Schmidt (2015-2019), que, a través da personaxe de Titus Andromedon, reivindica a pluma gay. No ámbito nacional destacan El ministerio del tiempo (2015-Presente), onde Cayetana Guillén Cuervo encarna a axente lesbiana Irene Larra, e Paquita Salas (2016-Presente), que na última temporada incorporou a unha actriz trans, Laura Corbacho (González, 2016).

No noso país, a ficción xuvenil xogou un papel fundamental canto á representación do colectivo  LGBT. En 2008 estreouse Física o Química (2008-2011), onde Javier Calvo -actualmente un das maiores iconas gays da sociedade española- interpretaba a Fer, un dos personaxes principais da serie. A relación entre Fer e outro mozo, David, interpretado por Adrián Rodríguez foi a gran aposta da ficción de Antena 3 para tentar normalizar a homosexualidade masculina na adolescencia (García, 2017). A produción, ademais, abría o debate sobre o matrimonio gai nunha escena entre a profesora de Filosofía e Ética e Fer.

Existen exemplos máis recentes tamén cun gran impacto entre a xente xove. Merlí (2015-2018) triunfou por reflectir á xuventude española como ningunha outra serie, avogando pola diversidade e, polo tanto, incluindo a un personaxe gay e a outro bisexual entre os protagonistas e a unha profesora trans con presencia episódica. Por outro lado, Skam España (2018-Presente) é a primeira serie española en estar protagonizada por unha moza bisexual.

GLAAD tamén publica anualmente un informe da inclusión do colectivo na televisión, examinando as personaxes das series emitidas polas canles de Estados Unidos -ten en conta tanto as cadenas radiofusares como a televisión por cable- e as producións orixinais das plataformas de streaming con presencia no país. Neste caso, estuda a representación do colectivo esperada para a próxima temporada televisiva. En 2019-2020 haberá un total 488 personaxes LGBT, dos cales 320 son regulares.

Na seguinte infografía podes comprobar a proporción de personaxes LGBT segundo a súa orientación sexual na actual tempada televisiva. Debemos ter en conta que a presenza de persoas heterosexuais dentro do colectivo está xustificada canto á súa identidade de xénero.

Pola contra, se temos en conta a súa identidade de xénero, atopamos 12 homes trans, 21 mulleres trans e 5 personaxes de xénero non binario.

Publicado por Daniel Portela

21. Estudiante de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Un comentario en “É a cultura inclusiva? A comunidade LGBT no cine e na televisión

  1. Necesitamos un guión ou uns epígrafes que permitan navegar polos contidos…
    LGTB e cine. Por que no infográfico aparece galego/español¡
    Infografía, orientación sexual personaxes… em que, em cantas series, em series españolas, galegos, europeas, estadounidenses, chinas…
    Presente, ademais dun saúdo franquista, a que espazo temporal corresponde… Presente será o mesmo tempo dentro de dous anos, pero si variarán os datos.
    Temos apartado Cine/series e agora a onde se supón que hai que ir… Falta un guión de contidos cos seus respectivos enlaces…

    Me gusta

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar