A comunidade LGBT

O movemento LGBT está tomando cada vez más forza grazas á non pasividade dos membros de colectivo, que loitan pola súa visibilización e normalización. Por este motivo, adicamos este último traballo de documentación a afondar na comunidade e en aspectos aos que non

É fundamental coñecer, en primeiro lugar, a historia da loita polos dereitos da comunidade LGBT, que acada o seu maior expoñente no séxulo XX. Investigamos tamén sobre cada unha das minorías que forman o amplo colectivo e a historia de tódalas bandeiras que representan ás persoas LGBT.

É unha realidade que ata fai un ano a OMS (Organización Mundial da Saúde) consideraba a transexualidade unha enfermedida e que, a día de hoxe, en moitos países está penado ser homosexual. Por estes motivos, investigamos a patoloxización e penalización da comunidade LGBT.

Por último, dedicamos un post a algunhas figuras relevantes no eido social e cultural que desempeñan un papel fundamental na visibilización da comunidade LGBT e outro á representación LGBT no cine e na televisión.

Podes premer en calquera das iconas para acceder aos diferentes contidos:

Publicado por Daniel Portela

21. Estudiante de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

2 comentarios sobre “A comunidade LGBT

  1. Referentes internacionais. É Martina ou Marita¡ Hai que poñerse de acordo… Por que son referentes, cal foron os criterios de selección deses personaxes, son os únicos que desvelaron as súas opcións…
    Referentes esfera española. Cal son os criterios de selección?
    Non entendo bem cal é a función e significado dun listado de persoas…
    Quen considera enfermos aos membros do colectivo? Por que darlle unha entrada a unhas argumentacións que non son científicas e que forman parte de determinados grupúsculos…
    Cal é o significado? Para que serven esos referentes? Cal é o seu papel? Realmente o que sexan persoas coñecidas significa que na rúa non hai discriminación? Cal é a situación no mundo e em España. Habería que ver o que fan realmente, ademais do postureo público¡ E si é na cultura que aportan esas figuras nos films.
    Hai unha película Mi nombre es Harvey Milk (2008) que relata a vida dun cargo municipal en San Francisco e a súa morte. Un dos primeiros en defender os dereitos dos homosexuais e ser elexido para un cargo ao finais dos setenta: https://www.elmundo.es/magazine/2008/479/1227895262.html ou https://elpais.com/diario/2008/11/01/cultura/1225494001_850215.html
    E onde están as citas?
    En lugar de listar a personaxes, quizais si se podería achegarse máis ás achegas á cultura…

    Me gusta

  2. Perdón. Non vía claro a navegación polos contidos.
    Portada>cultura inclusiva (cine e series) e aquí aparece referentes internacionais e bibliografía… non sei, non hai unha lóxica na navegación…
    E en referentes internacionais, aparecen referentes españa e cultura inclusiva…
    e en referentes españa aparece patoloxización… e referentes internacionais…
    Sinceramente, resulta moi complicado poder recoñecer os apartados dos contidos…

    Me gusta

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar