Infografía – «A guerra civil siria»

A guerra siria é un dos acontecementos de máis relevancia na actualidade. Desde 2011, o territorio é un taboleiro de xadrez onde as grandes potencias levan a cabo as súas demostracións de poder. Por un lado, Irán e Arabia Saudí están a protagonizar unha guerra subsidiaria. Estados Unidos e Rusia entraron para loitar contra o terrorismo de Estado Islámico. Sen embargo, Putin non está disposto a permitir a caída do réxime de al-Assad como xa demostrou co apoio militar que lle proporciona. Tamén Turquía entrou no conflito, xa que no país vive parte da minoría kurda e teñen medo de que a independencia dos kurdos no norte de Siria poida ser motivo de movementos revolucionarios.

Como se pode comprobar, Siria é actualmente un crebacabezas do que non se divisa unha solución a curto prazo. Nesta infografía trato de explicar o máis claro posible cuestións como as causas do conflito, quen participa nel e que momentos clave houbo nestes nove anos de terror.

INFOGRAFÍA: https://infogram.com/a-guerra-civil-siria-1h7g6k17lvj04oy?live

FONTES DE TEXTO E DATOS:

FONTES DE IMAXE:

Publicado por Nicolás Vázquez Pereiro

Xornalismo na USC

Un comentario en “Infografía – «A guerra civil siria»

  1. Si o título é a guerra civil en Siria, xa entro en materia, no conflicto, un conflictod que mermeu a poboa ción do país de tanto millóns a tantos millóns. de feito entre 2009 e 2019 diminuiu en… e xa resolves o dato de perda de poboación e suprimimos un gráfico.
    Por que nos pode interesar a superficie de Siria?
    Cronoloxía dunha traxedia… é un exemplo, en lugar de ano por ano…
    Antes da imaxe, o título, sempre e un breve contexto si fora necesario.
    Asunto moi controvertido e con moitos datos e con moitas posicións. Un esforzo interesante.
    Na entrada, so as URLs dos datos exactos.

    Me gusta

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar